UN EMIGRANTE MAIS

Un emigrado máis


Nunca souben cando iba,
nunca vin cando quisen,
poucas cheguei cando esperaba,
sempre esperei voltar de onde viña.

Os comezos sempre duros,
a distancia sempre lonxe;
as proximidades das súas xentes
fixo da morriña a casa nova.

Cada casiña unha bágoa,
en cada mirada unha tristura,
na unión as novas xentes
renaceu Breogán no meu soñar.

Cada volta é unha festa,
cada festa unha algarabía,
cada adéus é un soño esquecido,
cada aperta é un corazón doído.


Cada vez estás más preto,
cada vez vente mais lonxe
os meus ollos cheos de bágoas:
transpiran de agarimos pola xentiña.

Miña terra, terra miña!
Non che esquezo na alegría,
aférrome a tí na morriña.
¡Viva Galiza neste Día!



Poema dedicado aos emigrantes galegos
no 50 aniversario do Centro Galego de Valencia

JOSÉ RAMÓN CERDEIRA ALONSO

21/FEBREIRO/2016
VALENCIA



Comentarios

Entradas populares de este blog

ATA SEMPRE KIKO, MESTRE.

ATA SEMPRE VICTOR

La niña de la mirada triste (revisado)