ATA SEMPRE VICTOR
Sempre que pasan momentos de partidas, acostumamos a dicir aquilo de que era boa persoa. Este o era, sen necesidade de dicilo un día como hoxe. Unha persoa loitadora, entregada, familiar e sinxela. As vacacións no meu Feás xa non serán iguais. A vida segue. Haberá momentos bos e malos pero xa non serán as mesmas. Era saír da misa, dunha reunión, dalgún encontro, festa ou calquera acontecemento e aí estaba para facer, dunha frase oportuna, un chiste con parábola; obtendo un sorriso dos asistentes e animar o cotarro dos veciños no Petouto. Era chegar ao pobo e esa frase túa “Benvido Bill Gates”. E esperar unha frase túa para tomarlle o pelo a algún. Era alegrar a mañá para falar do presente e futuro, ti que nunca esquecías o pasado. Sempre se podía contar con él para axudar nas colectas da Festa do Neno; na procura de solucións a problemas eternos da auga; en achegar ideas ás melloras de calidade de vida do pobo; en innovar con propostas moitas veces incomprendidas;