Entradas

Mostrando entradas de 2021

ATA SEMPRE KIKO, MESTRE.

Hai persoas que nos marcan, non porque nin el nin nós decidirámolo, e o seu legado acompáñanos en moitos momentos da nosa vida.  Cando un é neno, os nosos maiores buscan un referente, real e próximo, para mostrarche ese camiño ou esa guía na que poidas reflectirche.  No meu caso (e o de moitos nenos de Feás) foi, sen dúbida, o noso Francisco de Olimpia. Lembrar dos meus avós, nai, tíos, veciños, .. as tan sabidas frases que, hoxe máis que nunca teñen máis validez, inspirounos a varias xeracións: “mira que educado, que rapaz máis listo O Lemos, que intelixente, que ben feito, que .. que ..” e podería escribir decenas de frases que reflectían a admiración que, a túa saber estar, infundía entre os habitantes da nosa aldea.  Como lei de vida, imos crecendo, pero ti seguías sendo o noso referente. Xa non era o que dicían outros, era o que sentiamos e viviamos nós mesmos: a persoa con cultura que che obnubilaba; o mozo con aquela faísca de sacar dun instante un chascarrillo; a persoa q